O capitalismo en crise
¡MARX TIÑA RAZÓN!
Acto de inauguración
XOVES 30 DE ABRIL
20:00 horas
rúa Pontevedra, 18 – Ferrol
A LIBRERÍA MA MARXISTA
A LIBRERIA MARXISTA
A crise económica actual demostra que o capitalismo impide que a inmensa maioría da humanidade teña unhas condicións de vida dignas. Se a isto lle engadimos que tamén é unha ameaza para o medioambiente, a conclusión é clara: temos que facer desaparecer este sistema. As ideas do marxismo son as únicas ideas que, ademais de explicar o porqué do que está a pasar, ofrecen unha alternativa. Hoxe máis que nunca o dilema é: REVOLUCIÓN SOCIALISTA OU BARBARIE.
Hai un crecente interese polo marxismo. A Fundación Federico Engels, coa colaboración de El Militante, quere contribuír á súa difusión abrindo un local en Ferrol: ‘A Librería Marxista’. Neste local atoparás decenas de publicacións marxistas: obras de autores clásicos (Marx, Engels, Lenin, Trotsky, Rosa Luxemburgo…) e modernos (Ted Grant, Alan Woods, Celia Hart…), a revista Marxismo Hoy, o xornal El Militante, e documentos e folletos sobre múltiples temas: historia, economía, filosofía, sindicalismo, Cuba, Venezuela…Cremos que as ideas do marxismo son as mellores para que o movemento obreiro se recupere e os
traballadores podamos defender os nosos intereses de clase. Desde o noso punto de vista, a penosa situación á que nos levou a política sindical do último período é unha consecuencia directa do abandono por parte dos dirixentes sindicais das ideas socialistas e comunistas. Por iso ‘A Librería Marxista’ tamén vai ser un lugar de encontro das persoas interesadas en que o marxismo recupere o lugar que lle corresponde nos sindicatos e partidos de esquerdas. Para isto celebraremos actos públicos de contido diverso: presentación de libros, conmemoración de efemérides da esquerda, análise da actualidade, loita obreira, etc. E para profundar na teoría marxista, o segundo luns de cada mes, ás 19:00 horas, teremos un coloquio sobre o contido dun libro.
Se non podes acudir no horario de apertura do local ou queres información sobre as nosas
actividades, ponte en contacto con nós.
A LIBRERIA MARXISTA
r/ Pontevedra, 18 baixo (Ferrol)
Horario de apertura: Luns: 17-20 h // Sábados: 11-13 h
Telf: 626.746.950 Correo: Aquesta adreça de correu-e està protegida dels robots de spam.Necessites Javascript habilitat per veure-la.
www.engels.org www.elmilitante.org